domingo 19.01.2020
RESPOSTA Á SENTENZA DO 'PROCÈS'

'Tsunami Democrático': miles de persoas colapsan os accesos ao Prat, que tivo que cancelar 25 voos

A iniciativa creada para dar resposta conxunta á sentenza lanzou esta segunda feira a súa primeira iniciativa baseada na loita non violenta e na desobediencia civil. 

Imaxe:  Vilaweb
Imaxe: Vilaweb

“Todos os medios de transporte son válidos. O obxectivo é parar a actividade do aeroporto de Barcelona”. Así anunciou Tsunami Democrático, ás 13:00 horas desta segunda feira a primeira das iniciativas conxuntas para protestar contra a sentenza do Tribunal Supremo contra as e os líderes do procès. Ante a esixencia, para poder superar os controis de seguridade no aeroporto, de contar cun billete de avión, Tsunami Democrático abriu unha canle en Telegram para regalalos. Todos con data desta segunda feira.

O resultado? Miles de persoas acudiron á chamada e colapsaron os accesos ao Prat. A mobilización obrigou a cancelar 25 voos. Os antidisturbios dos Mossos cargaron en varias ocasións contra as manifestantes.

O Tsunami Democrático é unha iniciativa que foi presentada nas redes sociais, xurdida da sociedade civil e coa complicidade de todos os partidos e entidades independentistas. O obxectivo é dar unha resposta, baseada na loita non violenta e na desobediencia civil, á sentenza emitida polo Tribunal Supremo español sobre o xuízo contra o procès.

comentarios