Tsipras anuncia un control de capitais mentres se albisca a saída de Grecia do euro

O primeiro ministro heleno lanzou unha mensaxe de tranquilidade, afirmando que as pensións, os salarios e os aforros da poboación están asegurados. O BCE mantén as liñas de liquidez mentres os ministros europeos preparan un plan B.

varoufakis


O primeiro ministro grego, Alexis Tsipras, anunciou este domingo a posta en marcha dun control de capitais en Grecia, con restricións na retirada de efectivo nos bancos, que pecharán esta segunda feira durante os próximos dous ou tres días. Tsipras lanzou unha mensaxe de tranquilidade, afirmando que as pensións, os salarios e os aforros da poboación helena están asegurados

Porén, se albisca unha posible saída de Grecia do euro. A decisión do goberno Tsipras de convocar un referendo sobre a última oferta da Unión Europea, despois de varios días de intensas negociacións, tensou a corda o máximo.

No Eurogrupo deste sábado, os ministros europeos chegaron a deixar fóra o ministro de Finanzas heleno, Yanis Varoufakis, para debater un plan B se Grecia non cedía das súas aspiracións. 

Os ministros europeos chegaron a deixar fóra Varoufakis para debater un plan B se Grecia non cedía co referendo.

Tamén ficará pechada esta segunda feira a Bolsa de Atenas, mentres que as canles gregas apuntan a limitacións de 200 euros nos caixeiros, que rexistraron colas ante a posibilidade dun ´corralito´. As medidas do goberno de Syriza tratan de evitar o colapso financieiro do país, do que só durante o sábado saíron preto de 400 millóns de euros.

Polo momento, Grecia continúa conectada as liñas de liquidez de emerxencia do Banco Central Europeo, que decidiu mantelas este domingo tras reunirse os gobernadores dos bancos centrais da zona euro. 
 

Comentarios