Novo conflito cos servizos de intelixencia

Trump revela información clasificada a Rusia

The Washington Post informaba en exclusiva que Donald Trump tería desvelado información altamente clasificada ao ministro e embaixador ruso durante unha reunión realizada o pasado 10 de maio. Segundo fontes cercanas, esta información compromete unha fonte crucial de intelixencia no Estado Islámico.

Donald Trump EUA
photo_camera Donald Trump EUA

A información que o presidente estadounidense destapou proviña dun socio estadounidense compartido a través dun acordo de intelixencia. Funcionarios estadounidenses afirmaron que estes datos se consideraban tan sensíbeis que eran de acceso restrinxido para aliados e mesmo dentro do Goberno Estadounidenses, polo que revelalos á Rusia supón compartir máis con este país que cos aliados.

A decisión de Trump de compartir esta información sen contar co permiso deste socio compromete os acordos de cooperación dun aliado que ten acceso ao interior do Estado Islámico. Os datos revelados polo presidente estadounidense estaban clasificados como code-word information, un dos niveis máis altos de clasificación empregados polas axencias de intelixencia norteamericanas.

Após a reunión, varios funcionarios da Casa Branca contactaron coa CIA e a Axencia de Seguridade Nacional para evitar maiores danos.

Esta información sae á luz nun momento no que Donald Trump se enfrenta a unha presión tanto política como legal en varios frontes en relación con Rusia. O presidente norteamericano, através da súa conta en Twitter, vén de admitir e defender que ten todo o direito a partillar información con Rusia.
 

Comentarios