Trump recúa e asina una orde para non separar crianzas das familias sen papeis

O reagrupamento dos máis de 2.000 nenos e nenas afastados dos seus país non será inmediato.

inmigrantes EUA

Donald Trump tivo que recuar. O presidente dos Estados Unidos asinou una orde executiva para parar a separación das crianzas inmigrantes dos seus país e nais cando estes son detidos na fronteira de EUA por tentar entrar ilegalmente, una política que xerou fortes críticas mesmo entre sectores republicanos.

Esta nova orde permitirá agora que as crianzas que cruzan a fronteira canda as súas familias sen documentos fican con elas en centros de detención de inmigrantes durante un prazo de tempo dilatado. E isto xa é motivo de preocupación en certos sectores, que se ben aproban que non se afaste as crianzas dos pais, indican que a nova orde procura facer que estas detencións sexan “indefinidas” mentres os adultos se someten aos procesos xudiciais. Ademais, no documento ínstase a Defensa a que facilite instalacións ou constrúa unhas novas para acoller esas familias inmigrantes. Até agora os menores só podían ser retidos en instalacións dos departamentos de Saúde e Dereitos Humanos.

“Non gostamos de ver as familias separadas e ao mesmo tempo non gostamos de ver que xente entre legalmente no noso país. Isto resolve o problema” dixo Trump en declaración a xornalistas no Despacho Oval. O goberno de EUA, iso si, vai manterse firme na política de “tolerancia cero” contra a inmigración.

O reagrupamento dos máis de 2.300 nenos e nenas afastados das súas familias no último mes non será inmediato.

Comentarios