Trump non quere inmigrantes de “países de merda”

O presidente estadounidense referiuse así a Haití,Salvador e varios estados africanos.

Trump
photo_camera Trump

O presidente de EUA referiuse a El Salvador, Haití e varios países africanos como “países de merda” e suxeriu que prefiría recibir en Estados Unidos inmigrantes procedentes de sitios como Noruega aos destas nacións, segundo informa ‘The Washington Post.

“Por que temos a toda esa xente de países que son un burato de merda vindo aquí?”, afirmou Trump durante una xuntanza na Casa Branca con lexisladores, sempre segundo dito xornal. Esa foi a reacción do presidente estadounidense cando dous lexisladores lle formularon un proxecto de lei migratorio que concedería visados a algún cidadáns de estados que recentemente foron retirados do programa de ‘Estatus de Protección Temporal’,como Salvador, Haití ou Nicaragua.

Trump suxeriu entón que EUA debería traer a máis inmigrantes de países como Noruega, con cuxa primeira ministra mantivo una reunión esta cuarta feira.

‘Los Ángeles Times’ confirmou a información do Post e agregou que nesa xuntanza o presidente afirmou tamén “Para que queremos haitianos aquí?”, Para que queremosa toda esa xente de África aquí?”. 

Comentarios