Trump acusa Obama de “pinchar” os seus teléfonos durante a campaña electoral

O presidente dos EUA, Donald Trump, vén de acusar o seu antecesor, Barack Obama, de intervir de maneira ilegal os seus teléfonos durante a campaña electoral dos pasados comicios presidenciais.

trump

“Horríbel! Acabo de saber que Obama pinchaba as comunicacións da Torre Trump pouco antes da vitoria. Non atoparon nada”. Sen probas e sen apuntar máis nada, Trump lanzaba esta mensaxe a través do Twitter este sábado. O presidente dos EUA comparou esta acción co caso de espionaxe Watergate e cualificou Obama como un home “malo ou enfermo”.

O mandatario dos EUA cuestionou a legalidade das supostas escoitas e asegurou que “un bo avogado podería facer un gran caso do feito de que o presidente Obama interceptara as miñas comunicacións en outubro, antes das eleccións”. “Que baixo caeu Obama”, engadiu.

Comentarios