xoves 28/01/21

Trump promete agora unha "transición ordenada"

A nova postura de Donald Trump chega xusto despois de que o Congreso certificase a vitoria de Joe Biden,apóse case 4 horas de caos no Capitolio provocado polos seus seguidores.
Algúns dos asaltantes do Capitolio fixeron fotografías conmemorativas. (Foto: twitter)
Algúns dos asaltantes do Capitolio fixeron fotografías conmemorativas. (Foto: twitter)

O presidente dos Estados Unidos comprometeuse esta quinta feira e por primeira vez desde a toma de posesión en 2017 a unha "transición ordenada" de poder para a administración de Biden.

A postura de Donald Trump chegou xusto despois de que o Congreso certificase os votos no Colexio Electoral e confirmase a vitoria de Joe Biden e Kamala Harris nas eleccións presidenciais do 3 de novembro.

Unha ratificación que se produciu após catro horas de asalto de segudiores de Trump ao Capitolio. Ante miles de simpatizantes, Trump volvera poñer en dúbida o resultado electoral e chamou a “recuperar o noso país”.

Meu dito, meu feito: unha multitude de trumpistas dirixiuse ao Capitolio e, ante unha falla de seguridade que contrasta coa presenza de policías e Garda Nacional cando mobilizacións pacíficas se desenvolven fronte a ese edificio, moitos deles accederon ao edificio. Unhas imaxes que axiña deron a volta ao mundo.

A alcaldesa de Washington DC, Muriel Bowser, informou de que catro persoas morreron como consecuencia dese asalto: unha muller por un disparo durante o asalto e outras tres persoas nas proximidades do edificio por “emerxencias médicas”.

O vicepresidente  Mike  Pence, que presidía a sesión conxunta das dúas cámaras, tivo que ser evacuado e protexido. A súa negativa para cumprir a orde de Trump para que cambiase o resultado electoral convertiuno nun dos inimigos dos extremistas. Ao rexeitar os seus consignas, o presidente respondeulle cun tweet: “Mike Pence non ten a coraxe de facer o que debería facer para protexer ao noso país e a Constitución”.

comentarios