De triunfar o “si” en Escocia, esta quinta feira nacería un novo Estado

O 24 de marzo de 2016 estaba chamado a ser o día do nacemento dun novo Estado de prosperar o “si” no referendo escocés.

escocia

O libro branco sobre a independencia presentado polo Goberno escocés a finais de novembro de 2013 estabelecía a data exacta da independencia do país no caso dunha vitoria do “si”. A data sería o 24 de marzo de 2016.

A derrota dos independentistas no referendo do 18 de setembro de 2014 obrigou a deixar a un lado a folla de ruta marcada polo Goberno do entón primeiro ministro, Alex Salmond. Esta derrota non supuxo esquecer a loita pola independencia. De feito, o SNP, agora liderado por Nicola Sturgeon, impulsará unha campaña no verán para propoñer e gañar un segundo referendo a curto prazo.

As enquisas dos últimos meses veñen reflectindo o apoio crecente ao “si” da Escocia independente. Aliás, o principal motivo de que se reinicie o proceso de secesión é o referendo ao redor do mantemento de Gran Bretaña na UE, unha consulta que terá lugar o 23 de xuño, pois en Escocia é maioritaria a opción a manterse no seo da UE.

Comentarios