O trío inglés que marrou os penaltis na final da Eurocopa, albo de insultos racistas

A Federación Inglesa de Fútbol afirma estar “consternada” polos insultos e ataques.

selección inglesa

“Estamos anoxados polo feito de que membros do noso equipo, que deron todo de si, sexan obxectivo de ataques  discriminatorios  on line despois do partido desta noite”, afirman desde a Federación Inglesa de Fútbol.

A Asociación Inglesa de Fútbol mostrouse “consternada” e “anoxada” polos comentarios racistas nas redes sociais dirixidos a tres xogadores da selección, o que levou a que o propio primeiro ministro británico condenase públicamente eses ataques.

Os xogadores do equipo inglés merecen ser tratados como heroes, non ser vítimas de insultos racistas nas redes sociais”, escribiu Boris Johnson no  Twitter, referíndose aos comentarios racistas dirixidos a  Marcus  Rashford,  Jadon  Sancho e  Bukayo  Saka, os tres xogadores que fallaron os penaltis na final da Eurocopa contra Italia, en  Wembley.

“Os responsábeis por este espantoso abuso deberían avergoñarse”, engadiu o primeiro ministro.

A Federación Inglesa de Fútbol xa afirmara estar  “repugnada” polos comentarios racistas.  “Nós apoiamos os nosos xogadores”, insistiu.

Os tres xogadores fallaron nos penaltis despois de que a tensa final terminase 1-1 tras a prórroga. De modo que Italia arrebatou Inglaterra o seu soño de recuperar a copa despois de 55 anos e alzouse coa súa segunda Eurocopa.

Comentarios