O Tribunal Supremo confirma nove meses de prisión para o rapeiro Pablo Hasel

Considérao culpábel de enaltecemento do terrorismo, insultos á coroa española e aos corpos e forzas de seguridade do Estado.

pablo hasel

O Tribunal Supremo español anunciou que desestima os recursos presentados pola defensa do rapeiro Pablo Hasel contra a sentenza condenatoria da Audiencia Nacional.

Así, Hasel é condenado a nove meses e un día de prisión e a pagar unha multa diaria de trinta euros por responsabilidade subsidiaria durante 168 días.

En caso de non cumprir co pagamento, isto suporá 84 días máis de prisión para o músico.

Hasel foi declarado culpábel, ademais de reincidente en enaltecemento do terrorismo, que é o delito que lle custou a pena de prisión, inxurias e calumnias contra a coroa española e o uso da imaxe do rei, por un lado, e insultos e calumnias contra as institucións estatais, polos seus comentarios sobre corpos e forzas de seguridade do Estado.

Por cada un destes dous últimoscargos, terá que pagar unha multa diaria de trinta euros durante doce meses e durante quince, respectivamente.


 

Comentarios