En xullo de 2012, Estrasburgo sentenciou que a Doutrina Parot vulneraba os dereitos humanos. Unha decisión adoptada por unanimidade polos sete xuices do TEDH. O TEDH (Tribunal Europeo de Dereitos Humanos) condenaba ao Estado español por aplicar á integrante de ETA Inés del Río esta medida. A Doutrina Parot é o reconto do cumprimento da pena baseado nunha interpretación do Tribunal Supremo que en vez de aplicar os beneficios penitenciarios sobre o máximo de cumprimento en prisión (30 anos) facíao sobre a totalidade da condena. O resultado? Que os [email protected] [email protected] (actualmente, máis de medio cento de militantes de ETA) xa non podían saír en liberdade aos 18 anos de condena, senón cando cumpriran o máximo legal (30 anos). Como denunciaban as organizacións de familiares de presos vascos, “unha cadea perpetua encuberta”.
Un total de 54 [email protected] de ETA sofren actualmente as consecuencias da Doutrina Parot. Terían xa que estar libres mais seguen en prisión até atinxir o máximo permitido por lei, 30 anos
España sinalou daquela que non ía cumprir coa sentenza, negándose a deixar en liberdade a Inés del Río, e presentou un recurso contra o fallo xudicial.
Ministro Interior español pide apoio aos homólogos da UE
Esta cuarta feira, o TEDH acollía unha vista sobre a Doutrina Parot. Os representantes do Estado español levaron a Estrasburgo a representantes dos colectivos de vítimas do terrorismo. O propio ministro do Interior, Fernández Díaz, falou cos seus homólogos europeos pedíndolles apoio. E asegurando que coa derrogación desa media sairían á rúa asasinos en serie, terroristas e violadores múltiples. E mesmo afirmou que España fará "enxeñeiría xurídica" para non ter que acatar unha sentenza contraria aos seus intereses.
Pola defensa de Inés del Río saliéntase que esta doutrina, aprobada en 2006 após a excarcelación de Iñaki de Juana Chaos, vai contra o estado de dereito e os dereitos humanos. Aliás, está a ser aplicada con retroactitividade e en prexuizo do condenado, violando tratados e convenios internacionais asinados polo Reino de España.