O Tribunal Constitucional avala a inmersión lingüística en Catalunya

O TC anula, dez anos despois do recurso do PP, algúns artigos da Lei de Ensino Catalá (LEC) mais declara que son conformes á Constitución aqueles sobre o réxime lingüístico.

Tribunal Constitucional

O Tribunal Constitucional (TC) avala o modelo de inmersión lingüística en Catalunya mas recorta a Lei de Educación aprobada polo Parlament en 2009. O TC anula diversos artigos da  la Llei d'Educació de Catalunya que regulaban as etapas educativas de Primaria, Secundaria e Bacharelato ou ensinos como os artísticos por non se axustar á norma estatal básica.

Porén, o tribunal declara constitucional os artigos desa lei sobre o réxime lingüístico. A sentenza, que data de 11 de abril mais deuse a coñecer nas últimas horas, resolve o recurso presentado en 2009 polo PP. Considera o TC contrarios á constitución española diferentes preceptos do artigo 112 sobre corpos docentes pois entende que non se pode alterar a estrutura de corpos de funcionariado “establecida pola lexislación básica”.

O Constitucional toma a pretensión do PP de anular artigos da LEC que regulaban o réxime lingüístico. Por exemplo, avala que alumnos e alumnas que se incorporen ao sistema educativo sen coñecer o catalán reciban unha atención lingüística personalizada que lles permita iniciar a aprendizaxe dese idioma.

Tamén mantén o artigo que indica que sexa o goberno catalán quen determine o currículo de ensino de linguas, que comprobe os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación e a regulación do marco horario. Avala o TC que o aranés sexa lingua vehicular en Arán sempre e cando non se prive o castelán e o catalá desa mesma condición.

Comentarios