luns 06/12/21

O Tribunal Constitucional alemá tomba a lei que conxela os alugueres en Berlín

Fixábase un máximo de 9,8 euros por metro cadrado e afecta aos contratos dun millón e medio de vivendas na capital alemá durante cinco anos.

Berlín
Berlín

O Tribunal Constitucional alemán anulou a lei que conxela os alugueres en Berlín desde 2020 porque considera que as rexións non son competentes para facelo. A sentenza do tribunal con sede en Karlsruhe sostén que a competencia neste asunto é do Goberno federal.

Segundo o Constitucional, as rexións só poden lexislar a este respecto "no caso de que o Goberno federal non fixese un uso final da súa competencia lexislativa".

 A conxelación dos alugueres no estado de Berlín entrou en vigor o 23 de febreiro co obxectivo de frear o aumento dos prezos

 A conxelación dos alugueres no estado de Berlín entrou en vigor o 23 de febreiro co obxectivo de frear o aumento dos prezos. A lei fixou un máximo de 9,8 euros por metro cadrado e afectaba aos contratos dun millón e medio de vivendas na capital alemá durante cinco anos.

O modelo de Berlín serviu de referencia para boa parte de propostas lexislativas de regulación de alugueres no Estado español.

Esta medida sobre os alugueiros era unha das apostas fortes do Goberno tripartito de Berlín, unha alianza entre socialdemócratas, esquerda e verdes. A dereita sempre se kostrou contraria a esta medida.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

O Tribunal Constitucional alemá tomba a lei que conxela os alugueres en Berlín
comentarios