venres 07/08/20

Tres mortos e máis de 10.000 hectáreas queimadas no incendio do Alt Empordá

Ainda sen controlar na segunda feira á mañá, o incendio do Alt Empordá ten xa o tráxico balance de tres mortos máis 10.000 hectáreas ardidas. Os dous incendios producidos en Girona mobilizaron 72 dotacións de bombeiros, algunhas delas chegadas de Francia.
Tres mortos e máis de 10.000 hectáreas queimadas no incendio do Alt Empordá

Tres mortos e vintecatro feridos é o tráxico balance do desastre do Alt Empordá no que levan ardidas maís de 100.000 hectáreas. Máis de 140.000 viciños e viciñas continúan confinados nas súas casas xa que o lume aínda non estaba controlado na mañá desta segunda feira. Tamén nas estradas, milleiros de persoas quedaron presas ao cortarse xa a primeira hora da tarde a AP-7 e a N-2. A tramontana avivou o lume e difundiuno a grande velocidade, impedindo tamén a súa extinción.

Onte domingo quedou contorlado o incendio de Port Bou, onde un pai e a súa filla de quince anos morreron ao se tirar por un acantilado fuxindo do lume, pero continúa arreciando en la Jonquera

O presidente da Generalitat, Arthur Mas apuntou a neglixencias como posíbel causas dos lumes.

comentarios