A traxedia repítese en Lampedusa cun novo naufraxio

Un novo naufraxio e cincuenta persoas máis falecidas nas augas do Canal de Sicilia. A traxedia repítese en Lampedusa despois de que a semana pasada 339 inmigrantes perderan a vida e 24 permanezan aínda desaparecidos no naufraxio. 

Imaxe de video do rescate
photo_camera Imaxe de video do rescate

Un naufraxio acontecido onte en augas do Canal de Sicilia causa medio centenar de persoas falecidas, dez delas nenos e nenas. A medianoite conseguíranse salvar 221 náufragos dun novo barco que buscaba con desesperación as costas europeas, cando aínda non foron rescatados todos os corpos do naufaxio que aconteceu hai só uns días. 

Coas últimas accións de submarinistas da garda costeira localizáranse 339 cadáveres de inmigrantes do naufraxio da pasada semanana, do que fican aínda 24 desaparecidos. Diante da grave situación de emerxencia, o presidente de Cruz Vermella reclamou un corredor marítimo humanitario para parar a traxedia nas augas do Mediterráneo xa que milleiros de emigrantes agardan aínda para zarpar na costa norteafricana. 

A barca volcou cando os inmigrantes trataban de pedir auxilio a un avión. A alcaldesa de Lampedusa falou de cifras que semellan un "escenario de guerra". 

Comentarios