O maior Trapero, absolto

A Audiencia Nacional absolve o maior dos Mossos d'Esquadra Josep Lluís Trapero, acusado primeiro de rebelión, logo de sedición e depsois de desobediencia polo seu papel no proceso independentista de Catalunya do 1 de outubro de 2017.

O maior dos Mossos d’Esquadra, Josep Lluís Trapero, na Audiencia Nacional
photo_camera O maior dos Mossos d’Esquadra, Josep Lluís Trapero, na Audiencia Nacional

A Audiencia Nacional absolveu na tarde desta terza feira, 20 de outubro, o maior dos Mossos d'Esquadra Josep Lluís Trapero, acusado primeiro de rebelión, logo de sedición e despois de desobediencia polo seu papel no proceso independentista de Catalunya do 1 de outubro de 2017.

Tamén absolve os ex xefes políticos da policía catalá César Puig e Pere Soler e a intendente Teresa Laplana. Segundo medios cataláns, a sentenza absolutoria conta co apoio de dous maxistrados e co voto particular contrario da presidenta de la Sala Penal, Concepción Espejel. A decisión non é firme, pois cabe recurso, e vai en contra da postura do Ministerio Fiscal.

E é que a Fiscalía comezou acusando a cúpula dos Mossos por rebelión, pero na fase final do xuízo rebaixou a súa acusación contra Trapero e os ex xefes políticos a sedición, seguindo o criterio marcado polo Tribunal Supremo na súa sentenza contra os líderes do procés.

Así mesmo, os fiscais expuxeron como alternativa unha condena por desobediencia, que tampouco foi acollido polo tribunal da Audiencia Nacional que entende que se debe absolver aos catro.

Comentarios