Torra e Sánchez acordan reunirse após a formación do goberno español

Mantiveron unha conversa telefónica de sete minutos.

europapress-sanchez-pedralbes
photo_camera (Europa Press)

Quim Torra e Pedro Sánchez mantiveron esta quinta feira a primeira conversa telefónica desde que o líder do PSOE foi investido presidente do goberno español. Segundo fontes da Presidencia catalá citadas por medios como Nació Digital, a chamada durou sete minutos e serviu para que os dous líderes se emprezasen a se reunir após a constitución do novo Goberno español.

Sánchez prevé nomear o seu novo Executivo a vindeira semana. O president, segundo as mesmas fontes, trasladou que o nomeamento ten que servir para "encarrilar" a mesa de diálogo institucional entre o Estado e a Generalitat.

Torra deixou claras as condicións para constituír esta mesa de negociación: só comezará cando o decida o president da Generalitat e o propio Sánchez. A portavoz do goberno, Meritxell Budó, xa adiantara a inicios desta semana que o president "convocaría" partidos e entidades para definir a proposta catalá.

Comentarios