Torra quere confinar Catalunya polo coronavirus

O presidente da Generalitat, Quin Torra vén de facer pública a decisión do seu Goberno de proceder ao feche total de Catalunya, co obxectivo de impedir a propagación coronavirus. Segundo sinalou na súa comparecencia na noite da sexta feira, “trátase de evitar que o virus continúe a estenderse entre a poboación catalá”, uns 7,5 millóns de habitantes que suman 509 afectadas.

O president de Catalunya, Quim Torra, no Parlament (Imaxe;: David Zorrikano / EP)
photo_camera O president de Catalunya, Quim Torra, no Parlament (Imaxe;: David Zorrikano / EP)

Torra anuncia o compromiso do seu Goberno con restrinxir as entradas e saídas do país, asegurando que os corpos de seguridade e emerxencia baixo a súa competencia están preparadas para levar adiante a medida. Neste liña demanda colaboración ao Executivo do español para poñela en marcha coa máxima urxencia coa intención de garantir a súa entrada en vigor na medianoite de hoxe.

“Hoxe pensamos que debemos anticiparnos á evolución demasiada rápida da enfermidade no noso país, é por iso cremos que hai que confinar toda Catalunya”, destaca Torra convencido de que “estamos preparado para facelo. Temos a capacidade para facer efectivo o confinamento de Catalunya. Non podemos permitir o colapso do sistema sanitario”.

A proposta do mandatario catalán faise pública nun momento no que a epidemia estase espallando de xeito acelerado desde Madrid ao resto do territorio estatal. Neste sentido, na xornada de hoxe, diferentes presidentes autonómicos criticaron a negativa do Goberno estatal a facer efectiva a recomendación sanitaria de impedir a saída de Madrid da poboación residente nesta rexión.

A presenza de cidadás madrileñas noutras áreas do Estado tense convertido nun factor de risco na extensión da enfermidade e de preocupación para a poboación dos territorios de acollida. Sen ir máis lonxe, determinadas comarcas da Galiza amósanse sorprendidas da chegada masiva de cidadás madrileñas após a entrada en vigor da recomendación sanitaria que solicitaba non abandonar Madrid.

Comentarios