The New York Times alertara sobre ciber-ataques norteamericanos

Toquio acusa Corea do Norte do lanzamento de tres míseis a augas baixo a súa xurisdición

As probas cos míseis teríanse producido após a realización de manobras militares conxuntas entre os EUA e Corea do Sul que Pyongyang xulga como un ensaio de invasión.

Korea
photo_camera Infografía da televsiión sul-coreana que descrebe a traxectoria do mísil

O primeiro ministro nipón Shinzo Abe afirmou nunha comparecencia parlamentar que Corea do Norte lanzara catro míses balísticos "case en simultáneo" e que, após "voaren perto de 1.000 quilómetros" tres deles caeran en augas da Zona Económica Exclusiva do Xapón.

Abe cualificou as probas militares norcoreanas como un "novo estadio de ameaza" para o seu país.

Un portavoz oficial de Corea do Sul indicou que o lanzamento se produciu ben perto da fronteira con China.

Fontes do Exército norteamericano dixeron que os proxectís empregados non representaban unha ameaza para os EUA (non tiñan suficiente alcance para impactaren en solo estadunidense).

Segundo The New York Times, recentes fallos de míseis norcoreanos, que se desviaron da súa traxectoria para caeren no mar, se deberon a ciber-ataques norteamericanos

Pyongyang estaría a reaxir perante o rearme anunciado por Donald Trump (o presidente dos EUA acaba de se comprometer a incrementar en 54.000 millóns de dólares o orzamento militar do seu país) e perante as manobras conxuntas de forzas sulcoreanas e norteamericanas, nas que ve un ensaio de invasión.

Días atrás, The New York Times informaba de que recentes fallos producidos no lanzamento de míseis norcoreanos (que se terían desviado do seu obxectivo para caíren ao mar) se debían a ciber-ataques norteamericanos.

Washington teme que Corea do Norte estea a piques de dispor de tecnoloxía para fabricar un mísil intercontinental.

O pasado 9 de xaneiro, un portavoz de Pyongyang dixo que o país realizaría unha proba do chamado ICBM (misil balístico intercontinental) "en calquera momento" e que o lanzamento sería resposta "á ameaza nuclear cada vez máis perversa dos EUA".

Comentarios