venres 25/06/21

Os presidentes das rexións francesas piden a Macron un ensino con inmersión lingüística nas linguas minorizadas

Para o bretón, corso, occitano, catalán e euskera.

rexións francia linguas
A carta está asinada plos presidentes das 13 rexións francesas.

Os presidentes das rexións do Estado francés enviaron unha carta ao presidente Emmanuel Macron para esixir a promoción dunha educación inmersiva nas linguas minorizadas como o catalán, o euskera, o corso, o bretón ou o occitano.

Este é o último movemento político despois dunha fin de semana chea de protestas en todo o Estado contra a decisión do Tribunal Constitucional de revogar a lei que promulga ese impulso para as linguas `rexionais’.

Na carta, os presidentes rexionais din que pasaron nunhas semanas de satisfacción, unha vez que a Asemblea francesa aprobou a lei, á incomprensión.

Miles de persoas tomaron parte na fin de semana en mobilizacións a favor da pluralidade lingüística

Por iso, esixen a Macron que mova unha ficha para protexer as linguas minorizadas como "un tesouro nacional", tal e como se especifica no artigo 75.1 da constitución gala.

Lembran a Macron que o mérito de coñecer máis dunha lingua é unha "riqueza incomparábel para os nosos mozos e mozas de hoxe e mañá".

Por último, pídenlle que poida atopar, xunto co Goberno, os medios para garantir "definitivamente" o ensino inmersivo das linguas ‘rexionais’ e responder así á "forte mobilización desta fin de semana nas nosas rexións".

dddd

ffff

comentarios