Tiroteada a delegación das Nacións Unidas en Siria

O goberno de Bashar Al-Assad responsabiliza aos "grupos terroristas" do ataque á delegación de Nacións Unidas 

 

Nin Londres nin Washington se pronunciaron ao respecto após coñecerse o ataque sufrido polo convoy de Nacións Unidas atacado esta segunda feira por un francotirador. Desde o goberno sirio acusan aos "grupos terroristas" do tiroteo, que tivo lugar en Ghuta, coincidindo coa chegada d@s inspector@s enviad@s pola ONU para avaliar a suposta existencia de armas químicas no confronto. 

O secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon pronunciouse esta segunda feira a respeito dunha posíbel intervención das forzas estranxeiras no conflito sirio. Neste senso, o líder da ONU aliñouse cos posicionamentos manifestados por EUA e Reino Unido nos últimos días e asegurou que "a comunidade internacional debe actuar" de se atoparen "evidencias dun ataque químico" no país. "Non nos podemos permitir máis retrasos", sentenzou Ban Ki-Moon.

Comentarios