Timochenko será o candidato presidencial do FARC

O ex-líder guerrilleiro é elixido pola Forza alternativa revolucionaria do común para liderar a súa candidatura nas eleccións de 2018

timochenko colombia

Rodrigo Londoño, ‘Timochenko’, será o candidato da Forza alternativa revolucionaria do común para as eleccións de 2018, segundo anunciou este partido, nado das cinzas da guerrilla das FARC. “Anunciamos que o noso candidato á presidencia da República será Rodrigo Londoño, quen estará acompañado de Imelda Daza como vicepresidenta”, explicou en rolda de imprensa en Bogotá o número 2 do partido, Iván Márquez.

A decisión foi adoptada por maioría. Nos vindeiros días daranse a coñever a totalidade das listaxes que presentarán ónde antiguos dirixentes guerrilleiros como Iván Márquez aparecen nas cabezas para asumir a representación no Congreso.