Terceiro grao para Iñaki Urdangarin

Poderá saír do cárcere para traballar, e só terá que volver para durmir

Iñaki Urdangarion foto europa press
photo_camera Urdangarin (Foto: Europa Press)

Iñaki Urdangarin ingresou en prisión o 18 de xuño de 2018 para cumprir unha pena de cinco anos e dez meses polo caso Nóos

O xulgado número 1 de vixilancia penitenciaria de Castela e León estimou o recurso de apelación de Iñaki Urdangarin, preso no cárcere de Brieva, e concedeulle un terceiro grao en prisión, polo que poderá saír do cárcere para traballar, e só terá que volver a prisión a durmir

Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León informaron da resolución do caso de Urdangarin, que ingresou en prisión o 18 de xuño de 2018 para cumprir unha pena de cinco anos e dez meses por delitos de corrupción tras o caso Nóos.

Comentarios