Terceira noite de disturbios en St. Louis após a absolución dun policía branco que matou un mozo negro

O xurado exonerou o axente Jason Stockley do asasinato dun afroamericano en 2011.

EUA negro afroamericano

Terceira noite de disturbios en St. Louis, Missouri (EUA) a raíz da absolución dun policía branco polo asasinato en 2011 dun cidadán afroamericano, Anthony Lamar. O xuíz ditaminou que a morte a tiros deste mozo foi debido á súa “conduta perigosa”. A decisión, dada a coñecer a pasada sexta feira, xerou de inmediato mobilizacións de protesto, que co paso das horas foron aumentando en contundencia, derivando en enfrontamentos e disturbios entre manifestantes e policías. Nunha das mobilizacións, por volta de mil persoas rodearon a casa onde vivía a alcaldesa da cidade, que neses momentos non se atopaba na súa morada.

Nos protestos protestas contra a absolución realizáronse ducias de detencións. Foi precisamente nun suburbio de St. Louis, Ferguson, onde en 2014 comezou unha vaga de disturbios raciais en todo o país após que un policía branco matase o mozo afroamericano Michael Brown, convertido en símbolo do movemento ‘Black Lives Matter’. Brown tiña 18 anos e faleceu despois de reciber 6 tiros da polícia, 2 deles na cabeza. Estaba desarmado.

Mark Steyn, analista do Washintong Post, publicara naquela altura un artigo (‘A ver quen lles di nada’) no que alertaba da forte militarización da policía estadounidense, afeita a resolver os problemas a tiros, nomeadamente coa poboación afroamericana. No artigo, lembraba aos lectores que o de Brown non é un caso aillado.

De feito houbo varios Michael Brown nestes anos. En LA, en Chicago, en NY ou en Detroit e Nova Orleans. Mozos negros desarmados abatidos pola policía. Nomes como Sean Bell, cuxo auto recibiu 50 tiros dos axentes cando marchaba do clube onde celebraba a súa despedida de solteiro. Ou Timothy Tomas, de 19 anos, abatido nunha calexa cando voltaba a casa de mercar tabaco. Un axente considerou que a caixa de cigarros era un arma. Thomas era o cuarto afroamericano abatido pola policía de Cincinnati en seis meses. Ou Amadou Diallo, que recibiu 41 tiros a cargo de tres axentes da policía neoiorquina. Ía desarmado. A policía alegou que o confundira cun “violador”. Todos estes policías foron absoltos. 

Comentarios