xoves 09.07.2020

Tensión en Chicago tras matar a policía tres afro-americanos nunha noite

O corpo policial recoñece que unha das vítimas foi “accidental”. A policía desta cidade de EUA ten condenas por excesivo uso da forza.

Tensión en Chicago tras matar a policía tres afro-americanos nunha noite

A policía de Chicago matou tres afro-americanos na madrugada do sábado, actuacións que elevaron a tensión nesta cidade dos Estados Unidos onde non é a primeira vez que acontecen accións policiais desta clase que xeraron protestos veciñais. Bettie Jones, de 55 anos de idade e nai de 5 crianzas, foi alcanzada por un tiro “de forma accidental”, recoñecen os axentes, na noite do sábado, cando os axentes foron atender unha chamada por “violencia no fogar”. Un home afirmaba que estaba a ser ameazado na súa casa. Ao parecer, e segundo recollen axencias e medios estadounidenses, o fillo deste home ameazado -un mozo de 19 anos que estudaba enxeñeiría- estaba a bater cun bate na porta do dormitorio. Os policias afirman que tiveron que facer fronte “unha persoa combativa” polo que lle dispararon.

Porén, a familia do mozo explicou que tiña problemas mentais mais non era agresivo, segundo recolle a cadea de TV local WLS. “Queremos unha investigación exhaustiva, queremos respostas”, sinalaron desde a familia.Noutro suceso a policía matou un home cando este protagonizaba un asalto “a man armada” na zona sur da cidade de Chicago, afirman versións municipais.

Estes novos feitos teñen lugar apenas unha semana despois de que centos de persoas exixisen en Chicago a demisión do alcalde, Rahm Emanuel, a quen acusaban de encubrir un policía bramco que matou o ano pasado un mozo afro-americano. Os protestos xurdiron a raíz de se publicar un vídeo no que se podía ver Laquan McDonald, de 17 anos, armado cun coitelo e correndo afastándose dun grupo de axentes, cando recibíu o primeiro dos 16 disparos.

A Policía de Chicago xa foi condenada noutras ocasións por uso excesivo da forza. Un xuíz federal de EUA determinou o 14 de decembro que a Policía da cidade usou “forza excesiva” nun incidcente que se saldou coa morte dun detido afro-americano, Philip Coleman, de 38 anos.

comentarios