As televisións públicas de Catalunya e Euskadi non emitirán o discurso do Borbón

Nin TV3 nin ETB emitirán na noite de 24 o discurso que Juan Carlos de Borbón pronuncia todas as noites de Nadal. O paro parcial no caso da Televisión de Cataluña e a decisión da dirección da cadea no caso da Euskera son as razóns polas que non se retransmitirá a mensaxe anual do rei español. 

.
photo_camera .

O comité de empresa de TV3 convocou xusto para a noite do 24, de 20.50 a 21.30, tramo horario no que se producirá a mensaxe do Borbón, un paro parcial co cal o discurso non será emitido na televisión pública catalá. O comité ten tamén convocados paros para o día 31 de decembro mais polo de agora non están concretadas as franxas do día. O persoal da TV3 maniféstase así co fin de denunciar as externalizacións de programas e publicidade e a pequena aportacións pública para ser servizo público alén da rebaixa salarial que a dirección quere contemplar no próximo convenio. 

Tampouco a ETB emitirá desta volta 

A televisión autonómica vasca tampouco retransmitirá a mensaxe do Borbón, despois de que nos anos anteriores emitira a mensaxe, mesmo con subtítulos en euskera. Foi a chegada de Patxi López á Lehendakaritza a que fixo mudar en 2009 unha xa tradición que se mantivo ao longo do tempo xa que nos últimos trinta anos, a televisión en euskera só emitiu a mensaxe do rei español en catro edicións. O goberno vasco explicou que a decisión de non retransmitir o discurso se debe a unha decisión da dirección do ente público. 

Apagón co Borbón

Na Galiza co indicativo #soberaniaGZ promóvese unha campaña para apagar os televisores no momento en que o rei español inicie o seu discurso. O "apagón" foi xa reclamado en anteriores anos por parte do soberanismo galego. 

Comentarios