Tejero denuncia na Fiscalía do estado a Artur Mas por "conspiración para a sedición"

O golpista e rostro visíbel do 23F, o ex-tenente coronel da garda civil Antonio Tejero presentou unha denuncia na Fiscalía xeral do estado contra o presidente da Generalitat, Artur Mas, por "provocación, conspiración e proposición para la sedición". Alén disto, o golpista chama "pecadores" aos dirixentes de CIU
Antonio Tejero
photo_camera Antonio Tejero

O golpista e rostro visíbel do 23F e ex-tenente coronel da garda civil Antonio Tejero presentou o 20 de novembro unha denuncia na Fiscalía xeral do estado contra o presidente da Generalitat, Artur Mas, por "provocación, conspiración e proposición para a sedición". 

O golpista cualifica de "pecadores" a dirixentes de CiU como Mas, Josep Antoni Duran Lleida e Jordi Pujol

Tejero lamenta "o silencio permisivo dos poderes do estado" perante un escenario de axitación independentista en Catalunya e critica que "nin o Rei, nin o goberno, nin os tribunais nin o exército" tomaron medidas para poñer fin ao "contubernio formado por Arturo Mas e parte dos e das catalás", que terían sido, apunta, "enveleados" na súa etapa educativa.

O golpista cualifica de "pecadores" os dirixentes de CiU como Mas, Josep Antoni Duran Lleida e Jordi Pujol, e afirma que "os que deben acabar con esa lacra" son El-Rei, o goberno, a xustiza e a cúpula militar "no que lle toca".

comentarios