xoves 09.07.2020
Oriente Próximo

Teherán dá unha resposta militar 'pacificadora' e Washington enfunda

O Irán atacou na madrugada desta cuarta feira, 8 de xaneiro, dúas base militares estadounidenses no Iraq. Con todo, a represalia polo asasinato do xeneral Soleimani foi moderada. Tanto que Trump non contraatacará militarmente polo de agora, aínda que si impuxo novas sancións.
O pobo iraniano concentrado para despedir o xeneral Soleimani pedía unha "vinganza firme" (Europa Press)
O pobo iraniano concentrado para despedir o xeneral Soleimani pedía unha "vinganza firme" (Europa Press)

Na partida que disputan o Irán e os EUA no taboleiro de Oriente Próximo, foi a quenda de Teherán de mover peza. Fíxoo co lanzamento de mísiles contra dúas bases estadounidenses no Iraq, nun ataque moderado que non causou vítimas mortais.

O presidente dos EUA, Donald Trump, anunciou novas sancións económicas mais dixo que o país non responderá militarmente, atendendo as súplicas da comunidade internacional. Ademais, pediu maior implicación da OTAN na rexión.

O intercambio de agresións e uso da forza é contrario ao dereito internacional, analiza o catedrático de Dereito Internacional da UDC, José Manuel Sobrino Heredia, en conversa con Nós Diario. Algo que parece importar pouco neste mundo cada vez menos multilateral.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

comentarios