Tania Sánchez rexeita a man tendida de Pablo Iglesias para entrar en Podemos

A ex-candidata de IU en Madrid chama a unha candidatura de ‘unidade popular’ nesta comunidade española que ela propia encabezaría, se así llo pediren @s compañei@s.

Tania Sánchez [Imaxe IU-Madrid]
photo_camera Tania Sánchez [Imaxe IU-Madrid]

Tania Sánchez deixa militancia e escano en IU mais non para entrar en Podemos malia a man tendida por Pablo Iglesias. Tania Sánchez compareceu ante a imprensa para explicar a súa marcha e a de varios partidarios de Izquierda Unida. Explicación que baseou en dous puntos. Por un lado, que non se adoptasen medidas severas contra cargos de IU implicados en diversos escándalos. Por outro, abandonan IU porque, din, era un impedimento para acadar candidaturas de ‘unidade popular’ no ámbito autonómico, candidatura que ela propia dixo estar disposta a encabezar se así llelo demandaban os e as súas compañeiras.

Tania Sánchez, porén, anunciou que deixa o escano na Asemblea de Madrid porque considera que a acta lle pertence a IU. O que si desbotou Tania Sánchez foi entrar en Podemos, un ruxe-ruxe que aumentou após que se soubese que abandonaba IU e malia a man tendida de Pablo Iglesias horas antes: o secretario xeral da formación emerxente afirmara que “estaría encantado de que toda a xente boa asumise que Podemos é o seu instrumento”.

"Fracturar"

Desde IU da Comunidade de Madrid afirmaron "lamentar" a decisión de Tania Sánchez e consideran que é un "duro golpe" á xente que a apoiou nestes meses. Aliás, considera que o paso dado por ela supón "fracturar" a esquerda política e social.

Comentarios