ELECCIóNS EN URUGUAI

Tabaré Vázquez, favorito para gañar este domingo a segunda volta das presidenciais

O derrotismo é a nota dominante na campaña da dereita. Ninguén pon en dúbida no Uruguai que o Frente Amplio continuará ao fronte do país.

tabare, sendic acto final.
photo_camera Acto final do Frente Amplo

Remata a campaña xusto cando se cumpren 25 anos da conquista pola esquerda frente-amplista da Intendencia Muicipal de Montevideo precisamente por quen hoxe se perfila novo presidente da República, Tabaré Vázquez, fillo e neto dunha familia galega ourensá.

Unha multitude acudiu ao acto final de campaña do Frente Amplo. As enquisas prognostican unha vitoria ampla da fórmula Tabaré Vázquez-Raúl Sendic coa que concorre a estes comicios a formación da esquerda latinoamericana. Obtería o 52% dos votos fronte á a candidatura da direita, que ficaría no entorno do 38-40%.

 Porén, e embora ter sido con moito a forza máis vontada, o FA non puido evitar ir á segunda volta, o chamado balotaje

Cómpre dicir que as eleccions a cámaras do senado e deputados xa se produciron o 26 de octubre, conquerindo o Frente Amplio a maioría parlamentar. Porén, e embora ter sido con moito a forza máis vontada, o FA non puido evitar ir á segunda volta, o chamado balotaje, un segundo round que é produto dun invento legal votado pola dereita nunha reforma constitucional nos anos 90 e que precisamente tiña como obxectivo impedir que a esquerda frente-amplista gañase algún día as eleccións...

Hoxe, ninguén dubida -nen o propio Luis Lacalle, o candidato da dereita, do Partido Nacional- que o domingo Tabaré Vázquez voltará a ser eleito presidente da República do Uruguai. Xa o foi durante o período 2005-2010, ano en que foi relevado polo seu correlixionario, o carismático Pepe Mujica.

Comentarios