INTERNACIONAL

Tabaré derrota claramente o candidato da direita, mais Uruguai irá a unha segunda volta

Tabaré derrota claramente o candidato da direita, mais Uruguai irá a unha segunda volta

16 pontos de distancia non son suficientes para evitar o segundo turno. Uruguai decidirá o 30 de novembro. O Frente Amplo é claro favorito.

tabare
photo_camera Tabaré Vázquez

Os números son, máis menos, os seguintes. Tabaré Vázquez, do Frente Amplo, 47 % dos sufraxios. O seu principal opositor, o dereitista Luis Lacalle, do Partido Nacional, 31% das papeletas. Os colorados, hoxe a terceira forza política do país, fixéronse co 13% dos votos.

Estes dados pertencen a inquéritos feitos a boca de urna, mais teñen na tradición política uruguaia moita fiabilidade. Os oficiais daranse a coñecer hoxe. A segunda volta, o balotaje como se lle chama no paísito, é inevitábel, sendo que ningún candidato superou a maioría absoluta dos votos.

O Frente Amplio nestes anos reduciu a pobreza en cuase un millón de persoas e deixou a taxa de paro no 6% (na Galiza estamos arredor do 20%)

Tabaré -de 74 anos, o político máis popular de Uruguai canda o presidente Mujica, que non se puido presentar dada a limitación de mandatos- viviu este 47% como un triunfo por adiantado. É o favorito indiscutíbel porque apenas está a 3 pontos da maioría absoluta e é quen ten máis capacidade de mobilización do eleitorado.

Certo é que a suma do Partido Nacional (brancos) e dos colorados colocarían a Lacalle co 44%, mais en política 2 máis 2 nen sempre suman 4. Analistas políticos uruguaios explican que unha percentaxe non pequena de brancos nunca votarían a candidatos colorados e ás avesas.

Os resultados expresan satisfacción do eleitorado coa xestión do Frente Amplio, que nestes anos reduciu a pobreza en cuase un millón de persoas e deixou a taxa de paro no 6% (na Galiza estamos por volta do 20%).

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios