Falece a deputada laborista Joe Cox após ser tiroteada e apuñalada na rúa

Detido un home de 52 anos como principal sospeitoso. Suspenddida a campaña do referendo sobre a permanencia de Reino Unido na UE.

jo cox
photo_camera jo cox

A deputada laborista Jo Cox faleceu sta tarde após ser tiroteada e apuñalada na rúa perto de Leeds, ao norte de Inglaterra a última hora da mañá. O ataque tivo lugar ao rematar Cox de intervir nun acto a favor de que Reino Unido permanecese na Unión Europa. Testemuñas citadas por Sky TV explicaron que un home, co rostro semioculto por unha gorra branca, sacou un arma e comezou disparar. Esta persoa, de 52 anos, está detida como sospeitoso do ataque. A parlamentar foi eleita por primeira vez nas eleccións de 2015 e é co-presidenta do grupo parlamentar de Amigos de Siria.

A BBC informou que a deputada laborista foi apuñalada ademais de tiroteada e que nese incidente tamén resultou ferida outra persoa, mais de carácter leve. Testemuñas afirman que o detido berrou 'Britain First'  (Bretaña primeiro) ao iniciar o ataque 

O primeiro ministro David Cameron, de campaña en Xibraltar, manifestou a través das redes sociais a súa consternación, algo que fixeron tamén outras personalidades da política británica. 

Tanto os comités de campaña dos partidarios como dos opostos a seguir na UE decidiron suspender a campaña durante esta quinta feira. 

Comentarios