Supremo brasileiro anula as causas contra Lula, que pode volver ser candidato

O ex presidente brasileiro recupera os seus dereitos políticos.

Lula volta libre ao lugar onde se despediu do pobo
photo_camera Lula

Lula volve. O Tribunal Supremo Federal brasileiro anulou todos os casos contra Luiz Inácio ‘Lula’ da Silva, que recupera así os dereitos políticos que perdeu debido ás condenas pola causa Lava Jato.

Así, Lula podería enfrontarse a Jair Bolsonaro nas eleccións do vindiero ano.

O xuíz Luiz Edson Fachin, do Tribunal Supremo, anulou as sentenzas contra o ex-presidente porque non corresponde fundamentar a Lava Jato na sala 13 do xulgado federal de primeira instancia de Curitiba, que era o feudo do ex xuíz Sergio Moro.

Os casos tramitaranse a partir de agora na xustiza federal de Brasilia. As sentenzas estaban “viciadas” con intencións políticas e carentes de probas consistentes, como denunciaron diversas fontes, polas que o ex presidente e líder do Partido dos Trabalhadores (PT) tivo que pagar con 580 días de prisión, entre abril de 2018 e Marzo de 2019.

"Recibimos con serenidade a decisión do ministro Fachin que aceptou o habeas corpus que presentamos en novembro de 2020", dixo o avogado defensor de Lula, Cristiano Zanin Martins nunha nota.

Comentarios