O Supremo amplía a imputación por rebelión a Artur Mas, Anna Gabriel e Marta Rovira

Tamén pasan a esa lista de investigados polo porceso independentista a coordinadora xeral dp PDeCat, Marta Pascal, Mireia Boya (CUP) e a presidenta da Asociación de concellos pola independencia, Neus Lloveras.

Tribunal Supremo
photo_camera Tribunal Supremo

Apenas finalizada a noite electoral e a xustiza española xa deu un novo paso. O maxistrado do  Tribunal Supremo Pablo Llarena amplía a investigación polo delito de rebelión ao ex presidente da Generalitat, Artur Mas, a secretaria xeral de ERC e número dous nas listas, Marta Rovira, e a ex-deputada pola CUP, Anna Gabriel.

Canda elas pasan a esta lista de a coordinadora xeral do PDeCAT, Marta Pascal, a presidenta do grupo parlamentar da CUP, Mireia Boya, e a presidenta da Asociación de Concellos pola Independencia, Neus Lloveras.

Llarena sitúaos a todos nun plan estratéxico para declarar a independencia de Catalunya á marxe da legalidade. A decisión do maxistrado baséase nos dados achados na axenda de Josep Mª Jové, tamén investigado nesta causa.

Comentarios