O científico di que aínda apoia o Labour Party

Stephen Hawking ve Corbyn "como un desastre" e pídelle que abandone a lideranza do laborismo

Pasa por ser o científico vivo máis brillante, na procura do Santo Grial da física moderna, a teoría cuántica da relatividade. Mais é tamén coñecido por ser unha persoa comprometida coa esquerda, desde os anos 60. Di simpatizar coas ideas de Corbyn, mais ao tempo pídelle que dea paso a outra persoa porque con el na lideranza o Labour Party non gañará as próximas eleccións xerais.

hawking
photo_camera Stephen Hawking

"Vexo Corbyn como un desastre. O seu corazón está no lugar adecuado e moitas das súas políticas son boas, mais permitiu ser retratado como un extremista de esquerda", dixo o autor da Breve Historia do Tempo nunha entrevista en The Times.

O científico, que en diversas ocasións se ten definido como socialista e que ten advertido de que o capitalismo pon en risco a especie humana, esclarece que el aínda vota laborista, mais a seguir opina que non cre que o partido vaia gañar as próximas xerais con Corbyn como líder. "Eu creo que o debería deixar polo ben do partido", dixo.

En 2015 Hawking apoiou publicamente Daniel Zeichener, candidato laborista na súa circunscrición, Cambridge. Zeichener conseguiu o escano após se impor ao liberal demócrata Julian Huppert.

Comentarios