Un comboio con alimentos, destinados a familias palestinas cuxas casas foron recentemente demolidas polo estado israelita, é un obxectivo militar lexítimo para o exército hebreo. Son ataques e agresións habituais, case de a diario, como denuncian organizacións de dereitos humanos. Poucas veces saen nalgún medio e sería unha milagre que algún soldado fose sancionado por mallar nalgún integrante destes comboios humanitarios.
Mais nesta ocasión houbo un elemento 'novidoso', por dicilo dalgún xeito. Acompañando o comboio humanitario ía unha delegación de diplomáticos europeos. Quizá pensando estes diplomáticos que cousas como inmunidade, etc... teñen vixencia en Israel cando de falar de palestin@s se trata.
Unha lección
Cando o comboio circulaba pola zona do Val do Xordán, soldados israelitas guindaron granadas ensurdecedoras, arrancaron do carro onde viaxaba a unha das diplomáticas para tirala ao chan e inmobilizala. A vítima, Marion Fesneau-Castaing, é do consulado frances en Xerusalén,e tomaba parte no comboio no exercicio das suas funcións.
As autoridades israelitas informaron ao xornal 'Haaretz de que consideran o comportamento da diplomata francesa como “inapropriado”, polo que preparan a súa expulsión como persona non gratta.
O ministro israelita de Extriores, o ultra Avigdor Lieberman, afirmou que “os diplomatas son enviados polos seus gobernos para actuar como pontes e non como provocadores”.