Catalunya

O soberanismo insiste en retomar o diálogo fronte os vetos

Torra desculpa a súa asistencia á entrega de premios da patronal catalá e apúntase a que se debe a un veto de Moncloa para que non peche o acto. Aragonès substitúeo e pide retomar o diálogo.

Quim Torra
photo_camera Quim Torra

O día en que o president da Generalitat Quim Torra asistiu como acusado ao Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya por negarse a retirar lazos amarelos durante a campaña remata cun veto chegado desde Moncloa, tal e como denuncian desde o entorno do president.

Torra desculpou a súa ausencia ao acto de entrega de premios que organizou a patronal catalá Foment del Treball esta segunda feira 18 de novembro. Aludiuse a que esta inasistencia se debeu a un veto de Moncloa para que o president non puidese dar o discurso de encerramento do evento, como marca a tradición. De feito foi a ministra Nadia Calviño a quen designaron para pechar o acto.

En substitución do president acudiu Pere Aragonès, número un de Esquerra e vicepresident do Executivo catalán. Aproveitou a súa chegada ao acto para solicitar ao Goberno a recuperación do diálogo que se iniciara no Acordo de Pedralbes. Insiste así ERC en que tan só cunha negociación e un diálogo entre iguais España-Catalunya poderá haber unha abstención ou voto favorábel á investidura de Sánchez, xa que a formación republicana está situada no voto en contra a Sánchez.

Comentarios