Obama non semella telas todas consigo para atacar militarmente Siria. Nin sequera no Congreso dos Estados Unidos, onde só 44 dos seus 435 integrantes se manifestaron a favor dunha intervención no país árabe. Isto é o que sinalan desde Thinkprogress, onde botan cálculos despois de cotexar información e falar con congresistas dos diferentes partidos. E o resultado é que 199 congresistas oporíanse á intervención e 44 están a prol da mesma.
O resultado final da votación, que todo indica que non se producirá antes do día 9, xornada na que se reanudan as sesións deste órgano bicameral; quedaría en mans dos 185 lexisladores que están indecisos ou ben evitan pronunciarse publicamente. Thinkprogress mesmo afirma que son 149 os e as deputadas republiicanas as que están en desacordo coa intención de atacar Siria.
Debate
O presidente dos Estados Unidos logrou que o Senado apoiase a invasión, se ben estableceu condicións á mesma: que non implique despregamento de tropas en terreo sirio, que non dure máis de 3 meses.. Mais agora semella que a batalla no Congreso pode ser máis complicada. E non se debe esquecer que o respaldo na comisión de Asuntos Exteriores no Congreso tampouco foi unánime, senón que foi de 10 (a favor ataque) a 7 (en contra).
O presidente dos EUA non precisa a autorización do Congreso para ordenar un ataque militar a un país estranxeiro, é unha das prerrogativas de ser o Comandante en Xefe.