Só 44 congresistas teñen expresado o seu apoio a Obama para atacar Siria

Segundo Thinkprogress, por volta de 200 lexisladores oporíanse á invasión e 185 están indecisos ou ben non se pronunciaron

Congreso dos Estados Unidos

Obama non semella telas todas consigo para atacar militarmente Siria. Nin sequera no Congreso dos Estados Unidos, onde só 44 dos seus 435 integrantes se manifestaron a favor dunha intervención no país árabe. Isto é o que sinalan desde Thinkprogress, onde botan cálculos despois de cotexar información e falar con congresistas dos diferentes partidos. E o resultado é que 199 congresistas oporíanse á intervención e 44 están a prol da mesma.

O resultado final da votación, que todo indica que non se producirá antes do día 9, xornada na que se reanudan as sesións deste órgano bicameral; quedaría en mans dos 185 lexisladores que están indecisos ou ben evitan pronunciarse publicamente. Thinkprogress mesmo afirma que son 149 os e as deputadas republiicanas as que están en desacordo coa intención de atacar Siria.

Debate

O presidente dos Estados Unidos logrou que o Senado apoiase a invasión, se ben estableceu condicións á mesma: que non implique despregamento de tropas en terreo sirio, que non dure máis de 3 meses.. Mais agora semella que a batalla no Congreso pode ser máis complicada. E non se debe esquecer que o respaldo na comisión de Asuntos Exteriores no Congreso tampouco foi unánime, senón que foi de 10 (a favor ataque) a 7 (en contra).

O presidente dos EUA non precisa a autorización do Congreso para ordenar un ataque militar a un país estranxeiro, é unha das prerrogativas de ser o Comandante en Xefe.

Comentarios