Siria empraza ás Nacións Unidas a que “asuma as súas responsabilidades” e evite un ataque dos EUA

Damasco critica que Estados Unidos queira presentar como “información fiábel” de ataques químicos o que son “fotos inventadas de internet” e que non achegue proba algunha Máis unha vez, o goberno sirio solicitou da ONU “un compromiso” para procurar “un ha solución política” á crise.

Al Assad, Siria

O representante especial de Siria ante as Nacións Unidas solicitou o secretario xeral desta organización internacional que “asuma as súas responsabilidades” na crise e traballe para evitar unha agresión internacional dos EUA ao país árabe. Bashar al Jaafari empraza á ONU a implicarse na procura dunha “solución política” á crise, despois de que Barack Obama anunciase públicamente que Estados Unidos ía intervir militarmente en Siria.

“Quen agora aposta por unha intervención armada é o mesmo que rexeitou a proposta siria de decembro de 2003 para limpar Oriente Próximo de armas de destrución masiva”

Al Jaafari pide á ONU que evite o “absurdo” uso da forza fóra do marco da lexitimidade internacional e que manteña o seu papel para garantir a paz e soberanía dos pobos. O representante sirio quixo desmentir de forma rotunda que o goberno árabe utilizase “xamáis” armas químicas durante este conflito. Neste sentido, lembrou que foi o executivo sirio “quen, desde un primeiro momento, pediu a investigación deste ataque”, do que responsabiliza aos opositores.

“Queremos saber quen foi”

“Siria, como estado, como pobo e como goberno ten interese nacional en desvelar os feitos relacionados coas denuncias de uso de armas químicas» indicou o representante sirio.

Engadiu, ademais, que quen agora aposta por unha intervención armada, en referencia a EUA, “son os mesmos que rexeitaron a proposta siria de decembro de 2003 para limpar Oriente Próximo de armas de destrución masiva”.

“Falsidades”

O embaixador sirio acusou a EUA de disfrazar como “información altamente críbel” un conxunto de “fotos inventadas en Internet” e defendeu unha investigación que determine responsabilidades dos ataques


 

Comentarios