Contundente vitoria do sindicalismo estudantil nacionalista en Córsega

Obteñen todas as representantes nos comicios na Universidade.

Córsega Uniti per l'universitá
photo_camera (Uniti per l'universitá)

O sindicalismo estudantil nacionalista corso obtivo todas as representantes nas eleccións que recentemente se realizaron na universidade de Corti, a existente nesta illa mediterránea baixo soberanía francesa. A coalición Uniti per l'universitá atinxiu 11 representantes e Gjuventù Paolina, 10.

Os sindicatos Ghjuventù Indipendentista e Cunsulta di a Ghjuventù Corsa acadaran recentemente un acordo para concorrer coaligados a estes comicios, sendo a marca Uniti per la Università. Un tecrceiro sindicato estudantil nacional corso, Ghjuventù Paolina, desbotou unirse a esta plataforma.

Segundo explica o portal nacións, tradicionalmente hai unha forte división e desconfianza entre as diferentes organizacións estudiantís soberanistas, así como nas xuvenís. Cunsulta di a Ghjuventù Corsa, fundada en 1974, foi fulcral para conseguir que na illa se abrise unha universidade (1981). Ghjuventù Paolin escindiuse en 1992 e actualmente alíñase co sector independentista representado por Core in Fronte.

A Ghjuventù Indipendentista escindiuse da Cunsulta en 1999. Alíñase co independentismo de Corsica Libera.

Após coñecerse os resultados, desde Uniti per l’Università emitiron un comunicado no que agradeceron o apoio do estudantado e comprometéronse a defender os seus dereitos e intereses nos órganos representativos.

Comentarios