O Senado non frea o proceso e votará a destitución de Rousseff

O presidente da Cámara Renan Calheiros, do PMDB (Partido do Movimento Democrático Brasileiro) coidou a decisión de Waldir Maranhão “absolutamente intempestiva”. 

O Senado continuará adiante co proceso de destitución de Dilma Rousseff e non freará a votación prevista para esta cuarta feira (11 de maio), último chanzo lexislativo do impeachment. 

O Senado precisa de maioría simple para aprobar o impeachment

Segundo o presidente do Senado, Renan Calheiros (PMDB), a decisión adoptada polo seu homólogo no Congreso, Waldir Maranhão (PP) que admitiu o pedido presentado pola defensa de Rousseff o que ao seu entender obrigaba a devolver o proceso ao ponto inicial para ser debatido e votado no Congreso, foi "absolutamente intempestiva que non ten cabida no proceso democrático e que non pode ser aceptada" por "ilegal e prematura".  

Frente Brasil Popular

Neste senso, avanzou que continúa adiante co impeachment onde podería ser aprobado por maioría simple o que provocaría a suspensión de Rousseff do cargo por un período de 180 días nos que asumiría a xefatura do estado, Michel Temes, actual vice-presidente. 

Mobilizacións populares contra o golpe

Paralelamente continúan os protestos en diversos puntos do país onde diversos movementos sociais e sindicais, como a CUT, o MTS e outras organizacións pertencentes ao Frente Brasil Popular, convocaron mobilizacións para "frear o golpe" contra a presidenta. A resposta popular estase a materializar fundamentalmente no corte de infraestruturas co que bloquean os accesos a distintos puntos do país. 

Comentarios