O Senado de EUA autoriza un ataque militar a Siria

A autorización limita a 3 meses o máximo de duración da intervención, exclúe que haxa despregamento de tropas sobre o terreo. O Congreso de Francia debate o ataque ao país árabe, mais non haberá votación

Barack Obama
photo_camera Barack Obama

@s integrantes do Comité de Relacións Exteriores do Senado de Estados Unidos acordaron autorizar ao goberno estadounidense a atacar militarmente Siria, segundo informan varios medios, entre eles o The Washington Post. Estas fontes apuntan a que o Senado elaborou un borrador n o que dá ese permiso para intervir no país árabe, establecendo unha serie de requisitos.

Así, ese ataque estará limitado a un máximo de 2 meses, prorrogábel outro mes máis,con autorización do Congreso e non poderá incluír o despregamento de soldados en terreo sirio. Iso si, fixa unha serie de ‘excepcións’, como é operacións de rescate.

Ademais, tamén empraza á Casa Branca a presentar ante o Congreso, nun prazo dun mes a partir da aprobación do proxecto, unha solución diplomática para acabar coa violencia en Siria.


 

Comentarios