O Senado arxentino igualado en votos pola lei do aborto

A ausencia de senadores contarios á lei de aborto e a indecisión doutros seis representantes podería favorecer a súa aprobación.
Concentracións feministas en Bos Aires (Feminismo argentino)
photo_camera Concentracións feministas en Bos Aires (Foto: Feminismo argentino)

O proxecto de interrupción voluntaria do embarazo (IVE) está a ter o seu debate final no Senado arxentino, nunha sesión con final incerto ao feche desta edición. A paridade entre as e os lexisladores que apoian a iniciativa e os que a rexeitan é total.

A iniciativa fora enviada polo Goberno dese país ao Congreso xunto a outra coñecida como o Plan dos 1000 días, que protexe as mulleres embarazadas e os primeiros anos da infancia, que será debatida e votada na mesma sesión. Na sesión do Congreso, realizada hai dúas semanas, o resultado fora de  131 votos a favor, 117 en contra e seis abstencións. 

Até o inicio da propia sesión catro senadores e dúas senadoras evitaron pronunciarse en relación do sentido do seu voto. Por parte da formación de centrodereita Juntos por el Cambio  foron Carmen Lucila Crexell, Stella Maris Olalla, Oscar Castillo e Alberto Weretilneck; por parte do Frente de Todos eran Sergio Leavy e Darío Kueider.

Algunhas ausencias tamén poderían influír no resultado de maneira favorábel ao voto verde (a favor do aborto) como é o caso ausencia de Carlos Menem quen se atopa hospitalizado e a de José Alperovich, de permiso por unha denuncia de violación. En paralelo á sesión, a praza do Congreso é escenario de concentracións tanto para apoiar a aprobación do proxecto como para rexeitala, convocatorias que se lanzaron desde as redes sociais hai algúns días. 

A sesión contou coa presenza no recinto e por videoconferencia, de 70 senadoras e senadores. De acordo coa decisión parlamentaria emitida pola Presidencia da Cámara, só se permitiu a presencialidad a pouco máis dunha ducia de representantes no recinto: catro por cada un dos dous bloques maioritarios (o FdT e Juntos por el Cambio,  JxC) e seis polas demais bancadas.

A anterior ocasión en que se votou a posibilidade de interromper o embarazo foi en agosto de 2018. Daquela por 38 votos polo non e só 31 polo si, o Senado arxentino rexeitou o proxecto para legalizar o aborto até a semana 14 que aprobara a Cámara de Deputadas e Deputados.

O proxecto sobre a legalización do aborto maniféstase de maneira transversal, separando a quen apoia a interrupción voluntaria do embarazo e quen se opón, sen distinguir entre posicións políticas

Comentarios