Segundo día consecutivo sen contaxios locais na China

No entanto, o país rexistrou 39 casos exportados desde o estranxeiro, elevando o balance a 228 positivos procedentes doutros países. 
china
photo_camera Persoal sanitario celebra o feche do hospital temporal para tratar a COVID-19 en Wuhan, o pasado 9 de marzo (TPG)

O Ministerio de Saúde da China confirmou nesta sexta feira, 20 de marzo, que, por segundo día consecutivo, non se rexistrou ningún caso de contaxio a nivel local por coronavirus na cidade de Wuhan, capital da provincia de Hubei e epicentro da pandemia.

No entanto, o país rexistrou 39 casos exportados desde o estranxeiro, elevando o balance a 228 positivos procedentes doutros países. Ademais, rexistráronse tres falecementos. Sumados estes datos, as cifras globais son de 80.967 casos e 3.248 falecementos.

Os casos graves diminuíron en 178, até os 2.136, mentres que os sospeitosos de contraer a enfermidade foron 31. En total, en China hai 104 casos sospeitosos de coronavirus.

Altas

Por outra banda, na quinta feira, 19 de marzo, foron dadas de alta 730 persoas, o que fai un global de 71.150 pacientes que abandonaron os hospitais do país tras recuperarse da enfermidade. Porén, 6.569 aínda seguen ingresados.

A autoridades informaron de que 8.989 persoas que tiveron contacto próximo con enfermos aínda estaban baixo observación médica, mentres que 1.197 finalizaron nesta quinta feira a vixilancia.

A estas cifras hai que sumar 208 casos e catro mortes en Hong Kong, e 17 casos en Macau. En total, 98 pacientes foron dados de alta tras recuperarse do virus en Hong Kong, por 10 de Macau.

Comentarios