Seguidores de Capriles e a patronal protagonizan unha vaga de violencia con fins desestabilizadores

Diversos medios de comunicación falan de varios militantes chavistas asasinados por simpatizantes de Capriles nestas horas. Estase a crear un escenario de inestabilidade e caos, propicio para golpes de estado, advirten desde o goberno após as mobilizacións alentadas desde os grupos da dereita. 

Incendio sede PSUV
photo_camera Incendio sede PSUV

Sumir Venezuela no caos para xustificar un golpe de estado que veña devolver a orde. Nas últimas horas estanse a suceder numerosos actos violentos, protagonizados por partidarios de Capriles, en diferentes partes do país, desde barricadas que cortan estradas até incendios de sedes do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) e de centros de saúde, ou ben agresións a cargos ou simpatizantes chavistas. Mesmo se fala de ata catro partidarios de Maduro asasinados. A isto engádese a violencia contra reporteiros de radio e televisión públicas venezolanas, ou mesmo traballadores de empresas públicas.

Segundo medios venezolanos, no barrio La Limonera, estado Miranda, un grupo de radicales antichavistas tería asasinado ao militante do PSUV Luis Ponce, e ferido a outras tres personas. Tamén no estado de Táchira houbo outro asasinato a mans de opositores:o de Henry Rangel Aroza, militante chavista, segundo informou o gobernador, Vielma Mora.

Algúnhas fontes elevan a sete os 'chavistas' asasinados nas últimas horas por '"grupos de choque" da dereita: 3 no estado de Zulia, 2 en Caracas, 1 en San Cristóbal e 1 en Cumana

Ao tempo, desde a patronal estase a levar a cabo peches de empresas, comercios e negocios, para alén de parar o transporte en mans privadas. Caravanas de vehículos de opositores estarían a bloquear rúas e estradas, así como a percorrer en actitude "provocadora" recoñecidos barrios onde apoian a revolución bolivariana.

E tamén os medios de comunicación antichavistas están a xogar o seu papel na estratexia: Así, diferentes medios están a transmitir fotos de militares trasladando e queimando material electoral, con logos do Consejo Nacional Electoral (CNE), asegurando que son fotos destes comicios y que mostran a fraude electoral de Maduro. Mais as fotos son de hai varios anos atrás, de eventos de incineración de material electoral que se fan públicamente para se desfacer, moito despois de pasados os comicios, do material.

Os medios de comunicación antichavistas, e non só os de Venezuela, están a xogar un papel fundamental na estratexia

Xustificar o golpe de estado

Todo iso, realizado baixo un insistente discurso de Capriles e os seus poderosos altofalantes mediáticos da existencia de "fraude" ou "roubo electoral". Desde o goberno, acúsase ao candidato opositor de procurar unha situación de caos e inestabilidade que xustifique un gole de estado.

Capriles exixíu o domingo un novo reconto electoral. Maduro sinalou que non se opoñía a esa auditoría. Mais o opositor, malia ese compromiso do vencedor nas eleccións por maioría absoluta, incrementou as acusacións de "fraude" e alentou aos seus seguidores a saír á rúa. 

Comentarios