O secuestro dun hotel de luxo en Mali por 'yihadistas' finaliza con 27 falecidos polo de agora

Al-Mourabitoune e Al-Qaeda do Magreb, reivindicaron o asalto conxunto ao complexo hoteleiro de Bamako, segundo axencias de noticias.

mali

Un grupo de persoas armadas asaltaron esta sexta feira o hotel de luxo Radisson Blue, en Bamako (Mali), nunha acción reivindicada por Al-Mourabitoune, e 'Al Qaeda do Magreb'. Após varias horas de secuestro de 170 persoas (140 clientes e 30 traballadores), este finalizou, segundo o ministerio de Interior, se ben aínda non hai balanzo definitivo de vítimas, se ben hai 27 falecidos confirmados.

Segundo fontes da ONU, este hotel é frecuentado por occidentais. Os asaltantes burlaron a seguridade con vehículos con matrículas francesas. Forzas de Mali e Francia, co apoio de militares estadounidenses das forzas da ONU, participaron no operativo de rescate.

Comentarios