O sector de esquerdas de Syriza avalía concorrer con lista propia nas eleccións

A Plataforma de Esquerdas sinalan que os comicios convocados por Tsipras queren “enterrar o Non do referendo e as loitas do pobo contra o memorando”.

Grecia 2

A Plataforma de Esquerda, nome do que se denomina a ála esquerdista´de Syriza, anunciou mediante un comunicado recollido por axencias e medios internacionais que seguramente presentará a súa propia candidatura nas eleccións anticipadas, após a demisión do primeiro ministro, Alexis Tsipras. A Plataforma di que contribuirá “á formación dunha fronte ampla, progresista, democráctica e anti-memorando que participará nas eleccións para a cancelación dos memorandos cos acredores”.

A Plataforma, que representa unha cuarta parte dos membros de Syriza, considera que a demisión de Tsipras e convocatoria de eleccións anticipadas “ten lugar para enterrar o non do referendo, as loitas do pobo contra o memorando e a súa esperanza”.

A Plataforma tamén decidiu formar un grupo parlamentar, cuns 28 deputados saídos de Syriza, que terá o nome de 'Unidade Popular' e vai ser así a terceira forza da Cámara. De ser así, o mandato de formar goberno -de non conseguilo a segunda forza, Nova Democracia- recaería na Plataforma.


 

Comentarios