Save the Children urxe avanzar na vacinación noutros estados antes de inmunizar crianzas

A ONG considera que é máis importante inocular os tratamentos á poboación adulta de estados en desenrolo  que atender ás nenas e adolescentes no Estado español porque só desa maneira se poderá loitar contra "novas cepas e mutacións" da Covid-19.
Unha sanitaria cunha dose da vacina. (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press) #vacinación #coronavirus #vacina #prioridades #ong #savethechildren #coronavirus #covid19
photo_camera Unha sanitaria cunha dose da vacina. (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press)

A ONG Save the Children vén de demandar ao Goberno do Estado español que facilite que vaia antes a vacinación contra a Covid-19 naqueles estados en vías de desenrolo, "onde hai un maior número de poboación adulta en risco", que a das crianzas de entre 12 e 19 anos nos diferentes territorios que fan parte en España.

Así se manifestaron fontes da organización após ter coñecemento de que a Comisión de Saúde Pública incluíu un novo grupo de idade -entre 12 e 19 anos chegando a nenas, nenos e adolescentes- na campaña de inmunización fronte o coronavirus.

Desde o punto de vista desta organización, tratar ás crianzas non é unha prioridade sempre que non padezan patoloxías "como enfermidades crónicas, raras ou inmunodeficiencias, entre outras. nas que o contaxio suporía un risco engadido".

Pola contra, cre que estados como o español deben impulsar que os fármacos cheguen a países que quizais son máis pobres pero que precisan de tratamentos urxentes para evitar unha evolución sen control da pandemia.

"É estratéxico vacinar antes á poboación adulta noutros estados porque se non freamos o avance da enfermidade non estaremos protexidos de todo ante novas cepas e mutacións do virus", remarca.

A directora de Incidencia Social e Política de Save the Children, Catalina Perazzo, entende que aquí "só sería preciso vacinar a aqueles nenos, nenas e adolescentes con cadros médicos" sobre os que contraer a infección implique maiores riscos.

Neste caso, "unha mala alimentación podería considerarse un factor de risco".

Comentarios