Saúdo histórico entre Raúl Castro e Barack Obama durante a cimeira das Américas

Os presidentes de Cuba e USA non coincidían nun foro internacional dende hai 59 anos. É o primeiro encontro entre ambos mandatarios dende o acordo de achegamento do pasado decembro. 

Saúdo entre Castro e Obama (Foto: CubaDebate)
photo_camera (Foto: CubaDebate)


Foi tan só un encontro informal, pero unha mostra máis do achegamento entre ambos países. O presidente de Cuba, Raúl Castro, e o seu homólogo estadounidense, Barack Obama, fixaron a imaxe do día minutos antes do inicio da ‘ VII cimeira das Américas’ que se celebra estas datas en Panamá.

Dende hai 59 anos, os presidentes de Cuba e USA non coincidían nun foro internacional. Castro e Obama tiveron o seu segundo encontro informal, despois dun curto saúdo durante o funeral de Nelson Mandela en 2013. 

Unha imaxe que referenda o acercamento entre ambos países logo do inesperado anuncio, o pasado 17 de decembro, de avanzar cara a normalización das relacións diplomáticas, rotas dende 1961.

O cumio en Panamá preséntase como unha cita histórica que conta por primeira vez coa presenza de Cuba. Presidentes de 35 países americanos participan estes días no foro continental. 

Comentarios